Dalle Que Dalle

Activistas do crecemento sostible

Centro de innovación social

Dalle Que Dalle

Dalle que Dalle Sociedade Cooperativa Galega é un centro de innovación social sostible liderado por un equipo de mulleres. Estamos centradas na economía social e comprometidas coa igualdade e o medio ambiente.

O noso proxecto busca en poñer a vida no centro, con un diálogo social e a sensibilización nun novo paradigma.
Para acadar todos os nosos obxectivos levamos a cabo diferentes actividades e proxectos internos que nos levan a un fin común.

Sostibilidade Social

Traballamos por unha sociedade igualitaria onde a diversidade non estea rifada con que todas as persoas compartamos os mesmos dereitos.

Sostibilidade Ambiental

Defendemos unha economía circular e realizamos múltiples proxectos vinculados ao coidado do medioambiente.

Sostibilidade Económica

Asesoramos empresas e formamos para o emprego a través do noso coworking. Conectamos proxectos con visións comúns.

O noso equipo

Laura Vidal Bralo

Coordinadora de proxectos de sostibilidade e formación

Susana Loroño Mondragón

Coordinadora de proxectos de innovación e xestión de coworking

Lorena Leiro Paz

Coordinadora de proxectos de inclusión social e igualdade